Cargando resultados...
Xubilados e pensionistas reclaman melloras na atención á dependencia
Ante a sede da Xunta en Vigo pediron unha atención máis humana e máis prazas en residencias

G24.gal
02/02/2024 13:49
A Unión de Xubilados e Pensionistas da UXT e o sindicato de pensionistas de CCOO concentráronse en Vigo diante do edificio da Xunta para reclamar melloras na atención aos maiores e dependentes.
Piden unha atención máis humana e que se creen 400 prazas máis en residencias na cidade.