Reclaman que se prohiban as contratacións telefónicas tamén nas telecomunicacións
Os usuarios quéixanse de que as ofertas non sempre son transparentes e acaban en reclamacións
A lei que prohibe as chamadas comerciais non acabou con elas. O Goberno dá un paso máis e prohibirá as contratacións telefónicas de luz e gas, salvo que o pida o consumidor. As asociacións de consumidores reclaman que abranga máis servizos, como as telecomunicacións ou servizos financieiros.
Os usuarios quéixanse de que as ofertas non sempre son transparentes e acaban en reclamacións. O medo a ter que reclamar e non encontrar resposta, leva a moitos a decantarse pola atención presencial.
En moitos casos nin se sabe o nome real da empresa que está ao outro lado da liña. A Comisión Nacional do Mercado de Valores denuncia que moitas comercializadoras levan a cabo prácticas enganosas.