Cargando resultados...
Regresan os cadaleitos á procesión de Santa Marta de Ribarteme
Os dous últimos anos non saíron as caixas, primeiro pola covid e logo pola negativa do cura
O párroco accedeu nesta edición sempre que os féretros non pisen a igrexa nin o adro
.jpg)
G24.gal
29/07/2023 17:34
Última actualización 29/07/2023 17:54
A procesión de Santa Marta de Ribarteme, no concello das Neves, volve contar con cadaleitos despois de dous anos sen eles, primeiro pola Covid e logo pola negativa do cura, que agora accede a que vaian en procesión, pero sen pisar a igrexa nin o adro.
Esta tradición ancestral de portar féretros con persoas vivas dentro está declarada de interese turístico internacional. A xente ofrecida promételle á Virxe saír en procesión metida na caixa, se lles concede a súa petición de saúde.