Cargando resultados...
Repatrian a España as vítimas do atentado de Afganistán
Tamén está previsto que chegue nas próximas horas a Bilbao a turista vasca que quedou ferida grave

G24.gal
22/05/2024 14:13
Os españois afectados polo atentado terrorista de Afganistán xa abandonaron o país, asegurou o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares.
Agárdase a repatriación inminente dos tres turistas cataláns asasinados o pasado venres no ataque, que foi reivindicado polo Estado Islámico.
A turista vasca que quedou ferida grave está previsto que chegue nas próximas horas a Bilbao.
Todos tiñan seguro de viaxe, e son as empresas aseguradoras as que se encargan de cubrir os custos derivados dos traslados.