Cargando resultados...
Representantes de 27 países da UE retan os euroescépticos en Rois
Buscan construír unha Europa unida
G24.gal
03/11/2021 12:41
Máis de 50 representantes dos 27 países da Unión Europea reúnense estes días en Rois, dentro dun proxecto que busca fomentar a participación cidadá na construción europea.
A deste concello galego é unha das 40 propostas financiadas pola Comisión Europea dentro do programa Europa para a cidadanía. Aquí asinaran un protocolo de irmandamento para retar os euroescépticos.