Cargando resultados...
Rescatan dous cans que caeran nun pozo de seis metros en Gomesende
Foron dous veciños os que avisaron os servizos de emerxencia cando paseaban polo lugar e escoitaron os ladridos

G24.gal
03/01/2022 12:09
Final feliz para dous canciños que caeron nun pozo de seis metros de profundidade. Lograron sacalos sans e salvos, colaboraron no rescate os bombeiros da mancomunidade Terra de Celanova, a Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Gomesende.
Foi preciso que un deles baixara ao pozo cunha corda para poder sacalos á superficie. Foron dous veciños os que avisaron os servizos de emerxencia cando paseaban polo lugar e escoitaron os ladridos. Os cans estaban moi asustados, pero sen lesións. O pozo quedou sinalizado.