Rescatan os catro tripulantes tras o naufraxio dun barco preto de Cedeira
Os mariñeiros estaban na balsa salvavidas
O buque sufriu unha vía de auga a 1,3 millas de Punta Candieira

Os catro tripulantes do barco El Cañaveral foron rescatados do naufraxio fronte ás costas de Cedeira, segundo nformou este luns o servizo de Salvamento Marítimo.
Foron os propios tripulantes do pesqueiro os que deron a voz de alarma indicando que sufrían unha vía de auga e que se estaban afundindo a 1,3 millas de Punta Candieira.
O Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizou o helicóptero Helimer 401, así como a Salvamar Shaula e unha embarcación de Cruz Vermella. Con todo, o pesqueiro Brisas de Cedeira, que se atopaba na zona, localizou a balsa cos mariñeiros e foi quen os rescatou.

O Brisas de Cedeira trasladou os catro mariñeiros ao porto de Cedeira.