Cargando resultados...
Rescatan unha turista que caeu nas pozas de Loureza de Oia
Montaron un polipasto operativo con poleas para salvar a pendente

G24.gal
24/08/2022 19:29
A muller de 57 anos precipitouse nas pozas de Loureza, en Oia, e quedou inconsciente ao levar un forte golpe na cabeza. Unha amiga alertou o 112 e axña acudiu unha ambulancia do 061 que a atendeu no lugar.
Debido ao abrupto do terreo, os bombeiros do Porriño en colaboración co GES da Guarda e a Garda Civil de Tomiño montaron un polipasto operativo con poleas, para salvar a pendente ata a estrada onde agarda a ambulancia.
Xa consciente, a ambulancia traladouna ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.