Cargando resultados...
Retirados en Santa Cruz de Tenerife 58.000 produtos falsificados valorados en 22 millóns de euros
A Garda Civil inspeccionou 80 comercios e varias furgonetas na Operación Imita
G24.gal
16/06/2024 19:05
Produtos falsificados, como roupa, bolsos e outros complementos, con logotipos e etiquetas de marcas de luxo. Pero tamén xoguetes e perfumes. Axentes da Garda Civil aprehenderon estes artigos nas inspeccións simultáneas que levaron a cabo en 80 bazares das illas de Tenerife, na Palma, na Gomera e no Hierro, e en varias furgonetas.
"Durante estas inspeccións, os axentes estiveron acompañados dun perito experto en marcas que certificou que todos eses artigos eran falsificados".
A mercadoría retirada valorouse en 22 millóns de euros. Oitenta e catro persoas están investigadas por delitos contra a propiedade industrial.