Publicador de contidos

Publicador de contidos

Revisión e reparación de barcos, un traballo complexo no que pode haber riscos escondidos

Revisión e reparación de barcos, un traballo complexo no que pode haber riscos escondidos

A normativa de riscos laborais é de obrigado cumprimento mesmo cando se reparan os buques noutro país

As reparacións adoitan facerse a cabo en tempo de vedas ou paradas biolóxicas

G24.gal 16/06/2022 16:44

Os barcos, os grandes pesqueiros, precisan de revisións periódicas. Son operacións complexas que deben realizarse en estaleiros ou varadoiros e en que os traballadores están expostos a riscos laborais. No caso de buques como o Albacora Cuatro é especialmente importante revisar os equipos frigoríficos polos conxeladores que leva o barco.

En España existe unha completa normativa en materia de riscos laborais que é obrigado respectar mesmo cando se repara noutro país.

As reparacións nos barcos adoitan levarse a cabo en tempo de vedas ou paradas biolóxicas. Pero hai urxencias que é necesario resolver en tempo de faena. "Veñen con présa, e as veces con combustible ou gas dentro", explican desde un estaleiro.

No caso de pesqueiros de máis de 24 metros, como é caso do Albacora Cuatro, as revisións son anuais. Deben revisarse especialmente os sistemas frigoríficos para os que se utiliza o amoníaco, un produto de especial perigosidade, din os técnicos, que dá lugar a accidentes laborais en toda a industria. Os armadores piden máis formación.

Só en Galicia, o sector de reparacións supón cada ano unha facturación duns 300 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos