Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pide corrixir a política enerxética buscando incrementar a produción

Feijóo pide corrixir a política enerxética buscando incrementar a produción

O PSOE cita a todos os grupos do Congreso a negociar o decreto enerxético

Teresa Ribera suma achegas ao plan de continxencia 

Díaz pide unha reforma fiscal para complementar o plan de aforro enerxético

G24.gal 29/08/2022 14:49 Última actualización 29/08/2022 15:24

A crise enerxética global marca a axenda do Executivo, que debe enviar en catro semanas o plan de continxencia pactado con Bruxelas. Teresa Ribera continúa coa rolda de reunións para obter propostas, e esta mañá escoitou a exministra Beatriz Corredor, presidenta de Redeia, antes Rede Eléctrica de España. Quere escoitar tamén os axentes sociais e os partidos.

"Queremos abrir a conversa co resto das formacións, para ver como avanzar na eficiencia do aforro enerxético, porque as circunstancias son complicadas", asegura o voceiro dos socialistas no Congreso, Patxi López.

O grupo socialista no Congreso convocou para o xoves a todos os grupos parlamentarios para unha reunión na que comezar a negociar o plan de continxencia enerxética que foi aprobado a semana pasada tras o compromiso de incorporar posibles emendas.

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, trasladaralle nesa reunión ao Executivo a súa proposta de política enerxética. "Con todo o interese de coñecer a proposta do Goberno e coa actitude de colaborar se queren iniciar un debate serio e preciso", asegurou.

Feijóo esixiu ao Goberno corrixir a política enerxética poñendo en marcha non só medidas de aforro, senón tamén para incrementar a produción, usando para iso todas as fontes dispoñibles, incluídas as centrais térmicas.

A parte morada do Executivo apunta que as medidas de aforro deben ir acompañadas dunha reforma tributaria en profundidade para compensar a elevada inflación. "Estamos facendo o que temos que facer, actuar sobre as entidades financeiras e as empresas de enerxía. Eu creo que hai que facer moito máis".

O Ministerio para a Transición Ecolóxica prepara amais unha campaña de concienciación con 50 medidas de eficiencia para rebaixar o gasto nos fogares. Serán recomendacións que se suman ás obrigas que fixa o decreto de aforro enerxético.

Os autónomos temen o impacto da aplicación, e din que xa se vían obrigados a aforrar. "A gran preocupación son as esixencias deste decreto, que teñen que estar antes do 30 de setembro".

O obxectivo de cumprir a esixencia comunitaria para España: reducir nun 7 % o consumo de gas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos