Robles recibe o ministro de defensa de Ucraína ante o inminente envío dos Leopard
O rei presidiu este mércores o Consello de Seguridade Nacional, que tamén abordou a situación en Ucraína
O ministro de Defensa ucraíno está de visita en España, poucos días antes do envío a Kíiv de seis tanques Leopard do Exército español. Margarita Robles reuniuse co seu homólogo para ultimar os detalles desta axuda e para concretar futuros envíos de material.
Os carros de combate foron reparados e están sendo probados antes do seu envío inminente para apoiar a defensa de Ucraína.

Consello de Seguridade Nacional
O rei presidiu este mércores o Consello de Seguridade Nacional na Zarzuela. Participaron o presidente Pedro Sánchez e varios membros do seu gabinete, entre eles a maioría dos ministros socialistas e a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz. Non foron o resto de ministros de Unidas Podemos.
Aprobaron o Informe Anual de Seguridade Nacional 2022 e a regulación do Consello de Seguridade Aeroespacial. Amais, o Consello abordou tamén a situación en Ucraína.