Rueda di que traballará para evitar prexuizos ás empresas galegas na Arxentina
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que traballará para evitar prexuízos ás empresas galegas en Arxentina. En declaracións aos medios tras un acto na Coruña, Rueda dixo sobre o conflito entre España e Arxentina que en Galicia son "espectadores" de "esta pelexa que se está intensificando.
Censurou "que un ministro do Goberno de España dixese o que dixo sobre un presidente electo dun país", en referencia a cando Óscar ponte "chamou drogadicto" a Javier Milei, aínda que tampouco lle gustou "a contestación" posterior deste. Con todo, cre que o Goberno ten unha reacción "que non tivo noutros casos" e aínda que entende que a Pedro Sánchez "poida non gustarlle o que dixo o presidente Milei", considera que debe diferenciar que "unha cousa é o presidente do Goberno e outra é España". Nese sentido, advertiu sobre as posibles "consecuencias" para as "empresas galegas e españolas que están alí" e que dependen das decisións de Arxentina, ao que todo isto "non axuda en absoluto".
O presidente da Xunta reclamara na súas redes sociais "serenidade e certezas" para poder desescalar "unha situación que non leva a ningunha parte".
Necesítanse serenidade e certezas e iso pasa por desescalar unha situación que non leva a ningures https://t.co/VCBgKl9IZB
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) May 21, 2024
Segundo Rueda, que recentemente viaxou ao país americano para apoiar os intereses das empresas galegas, "os galegos da Arxentina -uns 180.000- e as empresas que traballan alí non poden ser vítimas dunha irresponsable guerra de declaracións" entre os gobernantes de ambos os países.