Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez anuncia o investimento de 38,5 millóns na atención á saúde mental

Pedro Sánchez anuncia o investimento de 38,5 millóns na atención á saúde mental

Segundo fontes de Ferraz, empregaranse 14,5 millóns na mellora dos equipamentos nos centros de saúde

Pedro Sánchez este domingo nun mitin en Valladolid. EFE/Nacho Gallego Pedro Sánchez este domingo nun mitin en Valladolid. EFE/Nacho Gallego
G24.gal 21/05/2023 12:51 Última actualización 21/05/2023 13:12

O presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou este domingo en Valladolid que o consello de ministros aprobará o vindeiro martes 38,5 millóns de euros que serán transferidos ás comunidades autónomas para seguir impulsando a atención á saúde mental.

Sánchez fixo este anuncio nun mitin, no que interviñeron entre outros o líder do PSOE en Castela e León, Luis Tudanca, e o alcalde de Valladolid, Óscar Puente, e ao que asistiron ao redor de 1.500 persoas, segundo fontes de Ferraz.

As mesmas fontes detallaron que dos 38,5 millóns de euros que o consello de ministros destinará á saúde mental, 14,5 millóns investiranse na mellora dos equipamentos nos centros de atención primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade