Cargando resultados...
Sanción de catro partidos para Cristóbal Parralo polos incidentes na Romareda
G24.gal
27/12/2024 19:17
O adestrador do Rácing de Ferrol Cristóbal Parralo terá que cumprir finalmente 4 partidos de sanción. Castigo que lle impón o Comité de Disciplina Deportiva pola cabezada a David Navarro, adestrador do Zaragoza no último partido de Liga, un técnico zaragozano que tamén foi castigado con outros catro encontros pola labazada.
Ademais, o comité castiga os dous adestradores cunha multa de 2.400 euros máis outra sanción de 800 euros a cada club. O Rácing iniciará o ano coa eliminatoria copeira ante o Raio Vallecano. Iso será na Malata o vindeiro 3 de xaneiro. Ademais deste encontro, Cristóbal non poderá dirixir o Rácing ante o Cartaxena, Rácing de Santander e Burgos.