Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue a medrar o interese polas vivendas modulares máis sostibles e eficientes enerxeticamente

Segue a medrar o interese polas vivendas modulares máis sostibles e eficientes enerxeticamente

A sostibilidade e a eficiencia enerxética son valores que comparten estas chamadas casas industrializadas

G24.gal 05/04/2024 20:57 Última actualización 05/04/2024 21:17

A construción de casas modulares segue a medrar. Algunhas fontes do sector estiman que en España a demanda deste tipo de vivendas podería aumentar un 20 % neste 2024. Tendencia á que non é allea Galicia.

Isabel Cotelo, xerente da Inmobiliaria Será por Casas, afirma que "no sector o interese é xeneralizado".

Experta do sector inmobiliario, Isabel acaba de crear a súa propia axencia de vivendas industrializadas.

Neste tipo de casas a construción realízase en fábrica reducindo ao máximo os tempos de entrega. "Na fábrica está tres meses que tamén nos fan falta para tramitar licenzas, preparar o solo e cimentación para colocar a casa logo, pero unha vez que sae da fábrica e chegamos ao punto de construción en 15 días está montado", explica Isabel Cotelo.

A sostibilidade e a eficiencia enerxética son valores que comparten estas chamadas casas industrializadas.

No seu proceso de construción redúcese o seu impacto medioambiental e tamén hai aforro do consumo enerxético.

"Este tipo de construcións o que fai é que os illamentos e o modo de calefactalas sexan moito máis eficientes e polo tanto o aforro enerxético redúcese", engade Isabel Cotelo, da Inmobiliaria Será por Casas.

A revisión proposta da Directiva Europea de Eficiencia Enerxética dos edificios aspira a acadar un sector da construción climaticamente neutro a partir de 2050. O que fai previsible que o interese polas vivendas modulares siga medrando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade