Cargando resultados...
Última sesión de control do ano no Parlamento ao Goberno galego
Alfonso Rueda respondeu as preguntas da oposición
Os grupos fixeron balance da lexislatura
G24.gal
20/12/2023 08:55
Última actualización 20/12/2023 15:01
A Cámara galega celebrou este mércores un pleno coa sensación entre as bancadas de que a lexislatura está a piques de rematar. Así que os grupos da oposición quixeron facer público o seu balance e coñecer a opinión do presidente da Xunta.
A voceira nacionalista Ana Pontón cre que a Xunta gobernou para os intereses das grandes empresas, e que deixa unha Galicia peor. Rueda afeoulle que apoien a Pedro Sánchez a un goberno que non se sabe cando poderá aprobar os seus orzaments. Xusto o contrario do que pasa en Galicia.