Sextuplica a taxa de alcol permitida para vehículo a motor o condutor dun patinete en Lugo
Enfrontáse a unha multa administrativa de 1.000 euros
Como o patinete non está considerado vehículo a motor non pode ser denunciado penalmente

Un home que ía a bordo dun patinete pola cidade de Lugo foi interceptado por axentes da Policía Local ao ver que circulaba dunha forma “altamente irregular” e, ao ser sometido a un control de alcoholemia, deu unha taxa seis veces superior á permitida pola lei para os condutores de vehículos de motor, aínda que o que pilotaba non o era.
Segundo a información facilitada este martes pola Policía Local, os feitos tiveron lugar a plena luz do día. A patrulla ao darlle o alto decatouse de que presentaba signos evidentes de consumir alcol. O home deu unha taxa de 1,51 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Ao non tratarse “dun vehículo de motor”, precisou a Policía Local, foi denunciado por vía administrativa e enfróntase a unha multa de mil euros.