Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simulacro de incendio no Concello de Ourense, unha práctica moi útil para reaccionar ante unha emerxencia real

Simulacro de incendio no Concello de Ourense, unha práctica moi útil para reaccionar ante unha emerxencia real

Aprenden como reaccionar ante un incendio e tamén quen son as persoas encargadas da súa seguridade

G24.gal 18/10/2022 14:32

Salta a alarma de incendios no Concello de Ourense. Sesenta persoas teñen que evacuar o edificio por un incendio na sala de servidores informáticos. Por sorte o de hoxe é tan só un simulacro, pero moi importante para garantir a seguridade de todos. 

"É moi importante para os traballadores, pero tamén para os visitantes que poida haber nese momento, e para que nunha situación de alerta poidan acometer canto antes a saída dese edificio. Tamén para que nós poidamos afrontar mellor os riscos fronte a unha emerxencia real", explica José Ramón Sánchez, xefe de Bombeiros de Ourense. 

O simulacro é unha das actividades que se inclúen na semana da prevención de incendios que se desenvolve en Ourense. Aquí aprenden como reaccionar ante un incendio e tamén quen son as persoas encargadas da súa seguridade. 

"Os nenos a verdade é que é unha marabilla sempre porque son auténticos, sempre teñen preguntas orixinais e estamos aquí para aprenderlles cal é o noso cometido na Garda Civil", di Óscar Fernández, cabo 1º do PACPRONA en Ourense.

E despois dunha mañá intensa, que é o que máis lles chama a atención aos cativos?

"O dos bombeiros nos incendios cando van guiándose coas mans".

Toda unha experiencia, sobre todo para os cativos, que serve ademais para evitar accidentes no futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade