Cargando resultados...
Simulacro no túnel de Beiramar
O túnel vigués estase a adaptar á normativa europea de seguridade
Esta madrugada simularon unha emerxencia con fume
G24.gal
15/03/2023 08:23
Última actualización 15/03/2023 08:52
Probas de seguridade nunha das principais arterias da cidade de Vigo. Esta madrugada realizouse un simulacro dunha emerxencia con fume no túnel de Beiramar, que está en obras, adaptándose á normativa europea de seguridade.
O Concello destinou millón e medio de euros á reforma deste tramo subterráneo de quilómetro e medio. Ata o venres non se pode circular polo túnel de Beiramar de noite, entre as dez e media e as cinco e media da madrugada.