Cargando resultados...
Situación límite do sector porcino por falta de pensos nas granxas
Tan só lles queda comida para un día, e o gando non pode saír para os matadoiros
G24.gal
17/03/2022 18:07
Os criadores de porcos alertan que para eles a situación tamén é crítica.
Os silos desta granxa de porcos en Silleda están practicamente baleiros. O penso é a única fonte de alimento no sector porcino, por iso, din, se non se permite a subministración, a situación pode supoñer a morte de milleiros de animais.
Piden que se considere un servizo esencial.
En compañías como Coren aínda non teñen problema de abastecemento nas granxas, pero a folga de transportistas obrigou a parar a cadea de produción.
Tres días sen abastecer o mercado acaban repercutindo nos estantes.