Publicador de contidos

Publicador de contidos

Só un 4 % das mercadorías transportadas polo interior de España viaxan en tren

Só un 4 % das mercadorías transportadas polo interior de España viaxan en tren

Expertos piden que se active un corredor atlántico para potenciar o transporte ferroviario

A medida reduciría custos ás empresas e tamén baixaría as emisións de CO2

G24.gal 19/10/2022 15:40

O transporte de mercadorías por tren reduciría custos e emisións de CO2.

Pero fan falta servizos e infraestruturas para promovelo.

Expertos, administracións e empresarios debateron este mércores en Santiago sobre isto, cunha petición unánime: a activación do corredor atlántico.

Só un catro por cento das mercadorías transportadas polo interior de España viaxan en tren. O resto vai polas estradas, e agora o reto é reequilibrar ese balance.

Dende o Clúster da Loxística abriron debate sobre os servizos e infraestruturas necesarios para promover o uso do tren.

O esencial para Galicia: o Corredor Atlántico ferroviario, unha oportunidade de conexión con Europa, pero tamén para aproveitar a posición estratéxica dos portos galegos. 

A ambición é poder conectar aquí o transporte marítimo, ferroviario e por estrada.

E para esa intermodalidade demandan "autoestradas ferroviarias", liñas que permitan montar, por exemplo, os remolques de camión no tren.

De momento, o Adif non ten ningunha en estudo en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade