Cargando resultados...
Soben as temperaturas máximas e mínimas no país
Meteogalicia prevé que Ourense chegue o venres aos 31 graos
Vén a calor de verán despois da choiva e o frío
G24.gal
10/04/2024 14:27
Dende que comezou a primavera, houbo na provincia de Ourense de todo. Arrincamos a nova estación con moita calor, volveu despois a neve á montaña, temporal de choiva e vento, moito frío e agora, de novo, calor. Tanta que as previsións de Meteogalicia dan na cidade de Ourense ata 31 graos o venres.
Soben as temperaturas máximas e as mínimas tamén, que estiveron estes días moi baixas, un grao e medio baixo cero rexistraron hoxe en Calvos de Randín, a mínima de Galicia, e menos catro graos houbo onte na Veiga. De tempo de invernía á calor de verán, cambios moi bruscos. Din na rúa que se bota de menos o entretempo propio da primavera.