Sogama propón subir o canon polo impacto dos impostos estatais
A Fegamp rexeita os argumentos da entidade pública
A Xunta di que achegará 9 millóns de euros aos concellos

Sogama cifra en 18 millóns as perdas durante 2023 e din que se deben á aplicación do novo imposto estatal á vertedura e incineración. Por esas perdas, a entidade pública propón a suba do canon polo tratamento do lixo para este ano.
A revisión foi o tema que abordaron na reunión da tarde deste xoves os representantes de Sogama, da Xunta e da Fegamp. O Goberno galego achegará 9 milóns aos 295 concellos adheridos ao modelo de Sogama. Pero a Fegamp di que" non é correcto", que eses cartos son o financiamento en si que reciben. E tamén rexeitan os argumentos de Sogama para subir o canon.
Agora teñen ata o día 11 para alegar. Despois, Sogama fará a súa proposta final de canon á Xunta, que é quen ten que aprobalo.