Publicador de contidos

Publicador de contidos

Explosión na amaraxe da Startship de SpaceX tras conseguir alcanzar a órbita terrestre

Explosión na amaraxe da Startship de SpaceX tras conseguir alcanzar a órbita terrestre

A empresa de Elon Musk decidiu reducir a viaxe de seis voltas á Terra en dez horas a tres horas e sen concretar o número de voltas que deu

 Nesta misión, a nave despregou 26 satélites Starlink V3 de Internet

Momento da engalaxe na costa leste dos Estados Unidos. Reuters. Momento da engalaxe na costa leste dos Estados Unidos. Reuters.
G24.gal 28/09/2026 16:48 Última actualización 28/09/2026 19:20

A nave Starship de SpaceX amarou no océano Pacífico fronte ás costas de Chile tras a súa primeira viaxe orbital e despois de que a empresa de Elon Musk decidise reducir o seu percorrido, no que estaba previsto inicialmente que realizase unhas seis voltas ao planeta durante unhas 10 horas.

A nave engalou cara ao 14.49 hora galega na súa décimo cuarta proba desde o complexo de SpaceX no extremo sur de Texas e reingresou ao redor das 17.58, unhas tres horas despois, sen que a compañía detallase cantas voltas conseguiu completar.

"Amaraxe confirmada. Parabéns a todo o equipo de SpaceX polo primeiro voo orbital da Starship!", celebrou a empresa que non fixo ningún comentario sobre a explosión que se escoitou cando estaba na auga.

A misión foi deseñada para alcanzar unha altitude de aproximadamente 275 quilómetros sobre a Terra. Durante o voo, Starship tamén logrou despregar con éxito 26 satélites V3 en órbita sostida, polo que estes novos dispositivos pasaron a integrarse a nivel operativo na constelación Starlink, a subsidiaria de telecomunicacións de SpaceX.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade