Sumar formaliza o ascenso de Errejón como novo portavoz no Congreso
Enrique Santiago foi elixido voceiro substituto

Sumar formaliza o nomeamento de Íñigo Errejón como novo portavoz do grupo no Congreso. Toma o posto en susbtitución a Marta Lois, quen este martes oficializou a súa saída do posto para centrarse na campaña como candidata ás eleccións galegas.
Trátase dunha elección proposta por Sumar e consensuada co resto de formacións, segundo recalcaron desde a coalición.
O propio Errejón manifestaba a través da rede social X a "honra" que é para el que Sumar depositara a súa confianza para elixilo portavoz parlamentario. Tamén agradeceu a Lois o "paso adiante" para que "haxa cambio político en Galicia":
Es un honor que @sumar haya confiado en mí para ser el próximo portavoz de nuestro Grupo Parlamentario.
— Íñigo Errejón (@ierrejon) January 30, 2024
Muchas gracias a @MLoisgonzalez por haber construido este grupo, por el cariño y por el paso adelante para que haya cambio político en Galicia.
Somos la fuerza política de…
Coa marcha de Lois tamén se designa un novo portavoz substituto: o deputadado de IU, Enrique Santiago.
Doutra banda, as portavocías adxuntas de Sumar seguen sen cambio e seguiranas ostentando Aina Vidal (En Comú Podem), Águeda Micó (Compromís) e Jorge Puego (Chunta), en alternancia neste último caso co deputado de Més Vicenç Vidal.