Taballadores de ambulancias marchan por Santiago para reclamar "un convenio digno"
A negociación coa patronal do sector leva dous meses paralizada

Centos de traballadores das ambulancias de Galicia maniféstanse no mediodía deste mércores polas rúas do centro de Santiago para reclamar "un convenio digno" á patronal, así como para pedir á Xunta que actúe.
Esta protesta enmárcase nas folgas convocadas polos sindicatos CIG, UXT, CCOO e USO ante a "paralización" das negociacións desde hai dous meses, algo do que acusan á patronal, á que piden un aumento retributivo blindado ao IPC, entre outras melloras.
A manifestación iniciouse en Praza Roxa ao redor das 12:00 horas e transcorreu por diversas rúas do Ensanche, paralizando o tráfico no centro, e o centro histórico compostelán, ata finalizar en Praza de Cervantes.
A semana pasada houbo dúas xornadas de folga do sector das ambulancias os días 6 e 7 de xullo, ás que seguirá unha segunda convocatoria os días 19, 20 e 21.