Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tapia admite que están "golpeados" por un resultado que non esperaban en Valladolid

Tapia admite que están "golpeados" por un resultado que non esperaban en Valladolid

"Son resultados que nos moveron moito. Toca traballar, non hai outra fórmula. Temos que pasar páxina rápido"

G24.gal 21/10/2022 14:18 Última actualización 21/10/2022 14:24

O xogador do Celta, Renato Tapia, admitiu esta mañá que no equipo están "golpeados" por un resultado que non esperaban en Valladolid e que se suma a outras dúas derrotas nos compromisos inmediatamente anteriores.

"Son resultados que nos moveron moito. Toca traballar, non hai outra fórmula. Temos que pasar páxina rápido, porque temos un partido preto e non hai outra que pensar no que vén", indicou.

Sumouse á tese do seu adestrador, Eduardo Coudet, de que o que están a fallar son detalles e deixou claro que os futbolistas, á marxe do protagonismo de cada un no equipo, están incondicionalmente co Chacho, sobre o que lle sorprende que poidan chegar a xurdir dúbidas.

"O grupo está moi unido, é moi bo grupo. Independente de quen xogue, sempre imos confiar no adestrador", sinalou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade