A derrota do Deportivo dilapida o creto en Irene Ferreras
A adestradora foi destituída co equipo en postos de descenso
A reacción do Deportivo Abanca non chegou nesta décimo primeira xornada. Este mediodía caeu por 2-1 no estadio Jesús Navas. O primeiro gol do Sevilla chegou aos 18 minutos co gol de Gemma Gili. Foi clave no minuto 52 a expulsión da gardameta Inés Pereira, con vermella directa, ó derribar unha rival. Pouco despois chegou o segundo do Sevilla, gol de Paula Partido. Recurtou distancias no engadido Oriana Altube para o Deportivo Abanca que sumou a terceira derrota consecutiva.
Unha vez rematado o partido a directiva fixo unha xuntanza e tomou a determinación de dar un cambio. Irene Ferreras, a adestradora do ascenso, foi destituída e o club anunciará nas vindeiras horas a solución para continuar a temporada.