Técnicos municipais determinarán medidas para evitar incidentes no Halo de Vigo
Xa son dúas as persoas que faleceron tras precipitarse dende o alto do miradoiro-elevador

O Concello de Vigo informou, mediante un comunicado, que está á "espera" de coñecer as circunstancias do falecemento dunha persoa que, nas últimas horas, se precipitou dende o alto do ascensor Halo.
"Unha vez ditaminadas as causas deste suceso, serán os técnicos municipais o que avalíen a situación e determinen a liña para seguir", sinalaron dende o Concello.
Fontes policiais confirmaron que a pasada noite un mozo de 21 anos de idade faleceu tras precipitarse dende o alto do miradoiro-elevador. Os primeiros en chegar á zona foron os axentes da Policía Local, que atoparon o mozo gravemente ferido, pero con vida, e realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar.
O mozo foi trasladado ao hospital, onde acabou falecendo. A Policía Nacional está a investigar as circunstancias desta morte, aínda que non hai indicios de criminalidade. Hai algo máis de dúas semanas, outro home faleceu tras precipitarse dende o Halo, cando este aínda non estaba aberto ao público.
A Concello de Vigo está estudando medidas para evitar que este tipo de sucesos teñan lugar dende este miradoiro, inaugurado o pasado venres.