Tere Abelleira descansa coa familia en Pontevedra tras un 2023 para enmarcar
Será unha das protagonista da programación especial de fin de ano na Galega
Poucos deportistas en xeral e poucas mulleres en particular poden presumir dun 2023 tan completo como o de Tere Abelleira.
"Foi un ano moi bonito. Logramos o Mundial. Quédame a espiña da final de Copa".
O ano no que todos puidemos ver a unha Abelleira erguerse como peza chave da selección campioa do mundo á que chegaba como unha aposta de futuro. O seu inconformismo natural e a solvencia exhibida fixérona triunfar nun Mundial histórico e consolidarse no seu club, o Real Madrid, para o que xa reclama éxitos pendentes neste ano 24 que asoma.
"Quero estar coa selección en París e gañar a Liga".
Tere Abelleira, que será unha das protagonistas da programación especial de fin de ano na Galega, pasa estes días en Pontevedra, a súa cidade. A boa vila na que tamén foi profeta a primeiros de mes nunha xornada inesquecible coa selección española.
A futbolista galega xa é sen dúbida unha das mulleres do ano que marcha, pero ten talento de sobra e ambición deportiva para seguir estirando a corda no que entra.