Cargando resultados...
Falece un tractorista esmagado contra un piar en Cerceda
Ocorreu no lugar de Tasende, na parroquia de Rodís

G24.gal
19/03/2023 08:25
Última actualización 19/03/2023 08:57
Un home perdeu a vida este sábado nun sinistro de tractor ocorrido no lugar de Tasende, na parroquia de Rodís, no concello de Cerceda.
Segundo informa o 112 Galicia, sufriu un accidente co vehículo agrícola e acabou esmagado contra un piar.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da Garda Civil. Tamén persoal médico, que non puido facer nada por salvarlle a vida.