Transbordos en bus esta fin de semana nas conexións con Madrid por obras na variante
Os axustes na electrificación da liña e a renovación da drenaxe van interromper o tráfico ferroviario entre Taboadela e Ourense das sete da mañá do sábado ao domingo á medianoite
Os que viaxen esta fin de semana en tren a Madrid terán que facer un traxecto en bus, o que une a Gudiña e a cidade de Ourense. Débese ás obras da variante exterior.
Os axustes na electrificación da liña e a renovación da drenaxe van interromper o tráfico ferroviario entre Taboadela e Ourense das sete da mañá do sábado ao domingo á medianoite, e afecta a liña nos dous sentidos.
Para salvar este escollo, Renfe pechou traslados por estrada entre Ourense e A Gudiña. E, nalgún caso, os viaxeiros serán levados directamente en bus desde a orixe, Pontevedra, Vigo ou Vilagarcía á Gudiña.
Hai afectadas 28 frecuencias con Madrid, que se poden consultar na páxina web de Renfe. A variante exterior que está en obras dá continuidade á liña de alta velocidade na súa entrada á cidade de Ourense.