Tras lograr dous ouros en Hungría, Antía Jácome quere estar en París
Antía Jácome logrou dous ouros no C1 200 metros e no C2 mixto 500 metros con Diego Domínguez, nos Campionatos do Mundo sub-23 celebrados en Hungría
Está de volta a pontevedresa Antía Jácome. Acaba de conseguir dúas medallas de ouro nos Campionatos do Mundo sub-23 celebrados en Hungría e confirma a súa progresión.
"Estou moi contenta. Este ano cambiei de adestrador. Vou loitar por estar en París"
Antía Jácome logrou dous ouros no C1 200 metros e no C2 mixto 500 metros con Diego Domínguez.
Espectacular peche de temporada da piragüista pontevedresa . Aos dous títulos europeos conseguidos hai quince días, Antía Jácome suma agora dous ouros máis no mundial sub-23. Dobre campioa do mundo en pouco máis de hora e media. Ese é o tempo que transcorreu entre gañar a final de C-1 200 e volver imporse na proba mixta de C-2 500 formando parella con outro galego, Diego Domínguez.
O padexeiro do Breogán do Grove tamén completou un mundial inesquecible. Colgou tres medallas. Á da proba mixta sumou dúas máis, prata e bronce formando parella co seu irmán Noel.
O maior dos Domínguez tamén logrou o triplete ao conseguir a prata en C-1 5.000
O éxito dos piragüistas galegos non quedou aí. No C-4 español, que conseguiu o ouro na distancia de 500 metros, tres dos seus catro integrantes son da terra: Manuel Fontán, Martín Jácome e David Barreiro