Trens repletos para regresar pola Noiteboa a Galicia
As prazas para vir dende Madrid están practicamente esgotadas
Renfe reforzou o servizo polo Nadal, pero a demanda de viaxeiros é cada vez maior
A demanda de billetes polo Nadal logrou esgotar as prazas de practicamente todos os trens que veñen estes días desde Madrid, con convois repletos de viaxeiros con ganas de curar a morriña e gozar da familia e os amigos.
A chegada a Galicia da alta velocidade, AVE, e da súa versión de baixo custo, AVLO, recortou prezos e distancias, facendo que a demanda de vaxeiros deste transporte non deixen de medrar.
Para mellorar a mobilidade no Nadal, Renfe reforzou con máis 37.000 prazas e 95 trens as liñas de alta velocidade máis demandadas, entre as que se atopan as do norte.
Inda así, este non foi suficiente, xa que a día de hoxe é case imposible atopar billete para vir dende Madrid pasar a Noiteboa.