Cargando resultados...
Tres feridos nun atropelo múltiple en Madrid
Dúas mulleres duns 60 anos e un home de 54 tiveron que ser atendidos polo sanitarios do Samur por diversas fracturas

G24.gal
16/06/2023 07:55
Tres feridos nun atropelo múltiple en Madrid. Un coche chocou cun taxi no barrio de Malasaña e logo invadiu a beirarrúa e levou por diante varias persoas. Tamén derrubou seis motos que estaban estacionadas.
Dúas mulleres duns 60 anos e un home de 54 tiveron que ser atendidos polo sanitarios do Samur por diversas fracturas.
A Policía Municipal abriu unha investigación para esclarecer as causas do atropelo múltiple.