Tres membros da mesma familia desaparecen no naufraxio en Terra Nova
Moitos dos tripulantes do naufraxio tiñan relacións familiares entre si
Había varios grupos de tíos e sobriños traballando xuntos
Moitos dos tripulantes do naufraxio tiñan relacións familiares entre si. Había varios grupos de tíos e sobriños traballando xuntos. Historias que agora se fan profundamente dolorosas.
É o caso, por exemplo, da familia More. Perderon a tres no naufraxio. Daniel, o maior dos tres. 41 anos, 15 traballando no mar. Residía en Cangas. Un fillo de 18 anos e unha nena de 9.
Con el embarcaron rumbo a Terra Nova dous sobriños, un deles político, casado coa súa sobriña Mar Luz.
Edwing deixa na casa catro fillos en común. O maior, de oito anos, e o pequeno, con seis meses. Mar Luz intentou ocultar aos fillos a situación ata ter noticias oficiais, pero os nenos soubérono.
O sobriño máis novo: Diego Andrés. 24 anos. Pensaba seguir estudando, pero non este curso, e preferiu traballar en lugar de estar na casa sen ocupación. Era a súa primeira marea.