Un adolescente foxe da policía e bate contra a peaxe da AP-9 en Redondela
O menor, de 17 anos, está agora investigado por dous delitos contra a seguridade viaria, por condución temeraria, así como por carecer de permiso de conducir

Complicada persecución a que se viviu nas últimas horas na autoestrada AP-9 ao seu paso polo concello pontevedrés de Redondela.
Un condutor menor de idade fuxiu dos policías que trataban de darlle o alto. Emprendeu a marcha a toda velocidade e acabou metido co seu vehículo contra a peaxe de Cabanas. Alí foi interceptado polos axentes das policías Local e Nacional. Unha ambulancia trasladouno ao hospital, onde seu pai se fixo cargo del. Un dos vehículos policiais tamén sufriu danos durante a persecución.
O menor, de 17 anos, está agora investigado por dous delitos contra a seguridade viaria, por condución temeraria, así como por carecer de permiso de conducir.