Cargando resultados...
Un asteroide de dous quilómetros pasa preto da Terra
Malia ser potencialmente perigoso, as probabilidades de impacto son practicamente nulas

G24.gal
27/05/2022 21:32
Un asteroide de gran tamaño pasa hoxe preto da Terra. A roca espacial mide 2 quilómetros de diámetro e malia ser potencialmente perigosa, a Nasa considera que as probabilidades de impacto son practicamente nulas.
De feito, o asteroide pasa a catro millóns de quilómetros da Terra e viaxa a unha velocidade de 76.000 quilómetros por hora.