Cargando resultados...
Un atún de máis de cen quilos nunha peixería de Vigo

G24.gal
01/06/2023 12:15
Un atún de máis de cen quilos de peso sorprendeu os clientes dunha peixería do mercado do Progreso en Vigo.
Un incrible exemplar capturado no Mediterráneo que, segundo nos contaron, ten unha carne exquisita.
Non foi doado comezar a cortalo, pero había que facelo porque practicamente está todo vendido entre restaurantes e clientes habituais.
Os seus lombos venderanse a uns 49 euros o quilo e algo máis cara a ventrecha, a uns cincuenta. Din nas peixerías que estamos na época do atún. Nesta de Vigo xa venderon un de 190 quilos.