Un autobús escolar queda atorado nunha pista da parrquia compostelá de Sabugueira
Os veciños tamén se queixan da falta de seguridade viaria nas pistas que percorren a zona
As pistas son estreitas, nalgúns puntos teñen escasa visibilidade e non hai beirarrúas
Na parroquia compostelá de Sabugueira, os veciños tamén se queixan da falta de seguridade viaria nas pistas que percorren a zona. De feito, esta semana un autobús escolar sufriu un contratempo por este motivo. Tivo que abrirse nunha curva para deixar paso a outro vehículo e quedou encaixado nunha cuneta. Pero non é a única queixa da veciñanza.
Aínda se aprecian na gabia as pegadas das rodas do autobús escolar que o martes quedou atascado nesta pista do lugar de Mourentán, en Santiago. E non é a primeira vez que ocorre.
As pistas son estreitas, nalgúns puntos teñen escasa visibilidade e non hai beirarrúas, o que supón un problema de seguridade viaria para os veciños.
Pero ademais da seguridade viaria, outros problemas co transporte escolar e urbano traen de cabeza os veciños da Lavacolla.
Tanto no caso do transporte escolar como urbano din os veciños que empeorou desde que presta o servizo a nova empresa concesionaria.