Un barco con 4.000 coches de luxo no seu interior afúndese preto dos Azores
Os vehículos, valorados en case 2.000 millóns de euros, non se poderán recuperar
A embarcación estaba sendo arrasada por un incendio dende o pasado 14 de febreiro

Un barco do tamaño de 3 campos de fútbol con orixe en Alemaña afundiuse preto dos Azores. Nel ían 4.000 vehículos de luxo para os Estados Unidos, que non se poderán recuperar.
A embarcación tiña como destino o porto de Boston e levaba coches de altísima gama, como Porches, Lamborghinis ou Bentleys. O Felicity Ace afundiuse hai unhas horas a uns 1.500 quilómetros desta costa portuguesa e moi preto dos Azores, a onde foi trasladada a vintena de tripulantes da embarcación que soportaba un incendio dende había 15 días e que rematou co afundimento do barco.
Esas augas teñen 3.000 metros de profundidade, polo que os coches, valorados en preto de 2.000 millóns de euros, non se poderán recuperar. O grupo Volkswagen xa comunicou que a aseguradora cobre o accidente.