Cargando resultados...
Un buque cun guindastre de 85 metros fondea na ría de Vigo polo temporal
O buque está especializado en grandes obras de enxeñaría en mar aberto

G24.gal
09/03/2022 20:36
Buscou abrigo do temporal na costa galega un buque que transporta un guindastre de 85 metros de altura e, pola súa envergadura, chama a atención no medio da ría de Vigo.
Trátase da embarcación Seven Borealis, que está especializada en grandes obras de enxeñaría en mar aberto para a industria enerxética.
Zarpou do peirao ghanés de Takoradi o pasado 21 de febreiro cun cento de tripulantes e soprendeuno a borrasca camiño do norte de Europa.
Durante esta escala, tamén está previsto o desembarco de parte do seu persoal para continuar viaxe en avión.