Un cento de vacas ábrenlles paso aos Reis Magos en Mesía para reivindicar un Nadal rural
A Casa Grande de Xanceda organiza a primeira "vacalgata" para poñer en valor o sector primario
Trescentas persoas asistiron esta tarde á vacalgata nas instalacións da Casa Grande de Xanceda. Un cento de vacas frisoas abríronlles paso aos tractores que transportaban os Reis Magos e os seus paxes.
Foi unha cabalgata para reivindicar o sector primario e un Nadal rural.
"E tamén porque aínda que no Nadal rural non temos grandes avenidas iluminadas nin rúas cheas de turistas, temos a capacidade de facer eventos divertidos e vangardistas".
É a primeira vez que esta granxa, que é a gandería ecolóxica máis antiga de Galicia, organiza unha cabalgata. E quixeron darlles protagonismo ás súas vacas, para diversión de grandes e pequenos.
"Vimos os tres Reis Magos".
"¿E as vacas, eran poucas? Non eran moitas, moitísimas, hoxe foi un día moi bo".
"Gustáronme os Reis".
"Gustoume que tiraran caramelos, como á miña prima".
Os nenos puideron participar no muxidura das vacas, facer manualidades e asistir a unha sesión de contacontos. A tarde rematou cunha chocolatada con churros.