Cargando resultados...
Un coche espétase contra unha oficina bancaria en Sigüeiro
Unha manobra errónea levou o condutor do vehículo automático a chocar contra a vidreira do banco

G24.gal
27/08/2024 17:24
Última actualización 27/08/2024 18:09
Un vehículo espetouse contra a oficina de Abanca en Sigüeiro, no concello de Oroso. O accidente aconteceu minutos antes das 17 horas na avenida Compostela.
Segundo fontes de Protección Civil, o motivo foi unha manobra errónea. O condutor intentaba sacar o vehículo dunha praza de aparcamento nun espazo bastante estreito e por accidente meteu a marcha adiante. No acto, o coche impactou contra a vidreira da oficina e rompeuna.
Trátase dunha rúa moi transitada e no vehículo ían tres persoas, pero afortunadamente non houbo que lamentar feridos.