Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abanca logra un beneficio récord en 2024: 1.203,1 millóns, un 69,1 % máis

Abanca logra un beneficio récord en 2024: 1.203,1 millóns, un 69,1 % máis

Os directivos da entidade presentaron este martes os resultados, que aseguran que se basean nun "crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance", cunha "robusta rendibilidade recorrente"

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, canda a o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de Finanzas, Alberto de Francisco (EFE/Lavandeira jr) O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, canda a o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de Finanzas, Alberto de Francisco (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 28/01/2025 11:34 Última actualización 28/01/2025 12:14

A entidade financeira Abanca obtivo en 2024 un beneficio neto atribuído de 1.203,1 millóns de euros, un 69,1 % máis que no exercicio anterior, o que supón un novo récord para o banco, segundo os resultados presentados este martes polos máximos responsables da entidade financeira.

Se non se ten en conta o impacto da adquisición de EuroBic, que se pechou o pasado verán, a entidade obtivo unhas ganancias netas de 853,3 millóns, un 56,3 % máis.

O histórico beneficio logrado polo grupo bancario galego apóiase no crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance, cunha robusta rendibilidade recorrente, segundo destacaron os seus directivos

En conferencia de prensa en Santiago, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, destacou que estes son os "mellores resultados" desde o inicio da entidade financeira, nun ano moi "especial" ao cumprirse unha década da posta en marcha do banco.    

Así, Escotet subliña a "transformación de éxito" entre 2014 e 2024 até ser "unha das entidades máis sólidas do sector", incluída unha "importante expansión" en España e Portugal.

Tras a compra do portugués EuroBic, Abanca elevou o seu volume de negocio por encima dos 128.000 millóns. Ademais, captou 135.000 novos clientes, con especial énfase fóra da zona galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade