Un condutor foxe tras atropelar unha moza en Barbadás
A moza foi trasladada polo 061 ao Complexo Hospitalario de Ourense cun golpe na cabeza

Un condutor atropelou na noite do mércores unha moza no municipio ourensán de Barbadás, na avenida de Celanova (na Valenzá), e fuxiu.
Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 21:00 horas do mércores. A moza foi trasladada por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), pois presentaba un golpe na cabeza.
Así o confirmou o equipo médico a través do seu aviso do 112 Galicia. Así mesmo, solicitouse a intervención da Policía Local e dos membros do servizo municipal de Protección Civil.
Nestes intres, o persoal de garda do turno de noite atende varias incidencias:
— Emerxencias Barbadás (@SMPCBarbadas) March 13, 2024
Ás 21:16h un atropelo na Avda. Celanova fronte o Froiz.
Ás 21:49h unha colisión de 3 vehículos no que se saldou con 3 feridos.
Ás 22:26h unha árbore que corta a estrada de Moreiras ao San Benito. pic.twitter.com/YS13sNq09s
Agora búscase ao condutor do coche, xa que marchou do lugar dos feitos.