Cargando resultados...
Un de cada tres menores está enganchado ás redes sociais
Un mal uso ou falta de control no que ven os menores pode ter graves consecuencias
G24.gal
26/09/2023 14:07
O 98 % dos menores de 16 anos consomen Internet, e un mal uso ou a falta de control pode ter graves consecuencias.
Para axudar a minimizar os riscos do uso da tecnoloxía na casa, os pediatras xa contan cunha ferramenta. Din que a recomendación de tempo por idade é de cero a dous anos, non hai un tempo seguro. De dous a cinco anos, non máis de media hora. E a partir de cinco anos, non máis de dúas horas de ocio dixital.
Tamén insisten en crear no ámbito familiar zonas libres de pantallas e non botar man do dispositivo coma se fose un coidador.