Cargando resultados...
Un home falece ao caer coa súa cadeira de rodas por un terraplén en Mos
Os servizos de emerxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida
G24.gal
30/12/2023 15:02
Última actualización 30/12/2023 18:29
Un home faleceu tras caer coa súa cadeira de rodas por un terraplén en Tameiga, no concello de Mos. A vítima transitaba pola baixada da Picota cando se precipitou ao baleiro.
Un particular avisou de que o home precisaba asistencia sanitaria, pero cando chegaron os equipos de emerxencias só puideron confirmar o seu falecemento.
🔴#AXEGAInforma dun varón falecido tras caer coa súa cadeira de rodas por un terraplén en #Mos, en Tameiga.
— 112Galicia (@112Galicia) December 30, 2023
Tras ser rescatado polo #GES de Mos, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-06, nada puido facer por salvarlle a vida.
+inf: 👉https://t.co/MefQOZZP2U pic.twitter.com/t1JeknneRX