Cargando resultados...
Un incendio en Xaén calcina máis de 700 hectáreas e obriga a desaloxar 200 vivendas
Este luns incorporáronse medios aéreos aos efectivos de extinción

G24.gal
19/08/2024 21:45
En Xaén os bombeiros conseguiron frear o avance do incendio na serra de Andújar.
Un amplo dispositivo de 150 efectivos na zona permitiu minorar o progreso das lapas, grazas tamén a que baixaron as temperaturas.
As tarefas de extinción continúan e este luns incorporáronse medios aéreos.
Polo de agora este incendio, que se declarou este domingo, calcinou máis de 700 hectáreas e obrigou a desaloxar 200 vivendas de forma preventiva.